Os libreiros cataláns danlle o Premi Llibreter 2006 a un libro de OQO Editora

O premio cae en OQO

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
No marco do Salón do Libro de Barcelona o Gremi de Llibreters de Barcelona i Catalunya ven de recoñecer co Premi Llibreter 2006 ao mellor álbum ilustrado á versión en catalán do libro “A cousa que máis doe do mundo” un conto popular de Costa de Marfil editado por OQO Editora adaptado por Paco Liván e ilustrado por Roger Olmos. O premio, que vai pola sétima edición, ten como obxectivo remarcar a calidade e o significado de determinados títulos e favorecer a súa difusión mediante a promoción nas librarías. O libro de OQO, que competiu con outros seis finalistas ao galardón, xa recibira anteriormente unha mención especial pola súa calidade literaria e gráfica no prestixioso catálogo White Ravens.

Ficha en Lg3 de A Cousa que máis doe do mundo

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con OQO, Barcelona, Culturagalega, Catalunya...