O Instituto Galego da Información percorre nunha mostra o labor editorial no exilio

Biblioteca da memoria

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
En plena celebración do Ano da Memoria, sucédense estes días varias iniciativas. No congreso “Destecendo a desmemoria”, Luís Bará, director xeral de Creación e Difusión Cultural presentou “As voces, os nomes, os lugares”. Trátase dun estudo que elaboran as tres universidades galegas sobre a represión franquista e cuxos resultados se concentrarán nun centro en Santiago e noutro en San Simón. En Santiago, o Instituto Galego da Información (IGI) presentaba dúas iniciativas: dunha banda a mostra que reúne o labor editorial desenvolvido pola intelectualidade galega no exilio e da outra, a “Biblioteca do Exilio”, colección iniciada por Isaac Díaz Pardo que pretende editar máis de cen obras escritas por autores españois exiliados.

Máis información no web do Ano da Memoria, no da Consellaría de Cultura sobre a “Biblioteca do Exilio”, e na prensa en El Correo Gallego e na nosa hemeroteca

Que che parece esta nova?
49 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Luís Bará, Isaac Díaz Pardo, El Correo Gallego, Culturagalega...