Persoeiros que sufriron a represión franquista, investigadores e asociacións constitúen o Consello da Memoria

A memoria en Consello

20/9/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
24 lecturas | Compartido 0 veces
Hoxe constitúese en Santiago o Consello da Memoria. Un órgano de representación social formado por vinte persoas: cinco persoeiros que sufriron en carne propia a represión franquista como Isaac Díaz Pardo ou Avelino Pousa Antelo; cinco investigadores como Dionisio Pereira ou Bieito Alonso e dez representantes de asociacións pola memoria. Como “Consello”, asesorará á Consellaría de Cultura no deseño de programas encamiñados á recuperación da nosa memoria. En canto ao seu funcionamento interno, terá reunións ordinarias (un mínimo de dúas anuais) e extraordinarias, a petición da Consellaría de Cultura ou a unha cuarta parte dos seus membros.

Máis información no web da Consellaría de Cultura, en Vieiros e sobre o Ano da memoria no seu web


Universo culturagalega.gal

Contextos

Claves

Entidades
Conceptos