San Martiño de Mondoñedo e a fábrica de Conservas Peña serán rehabilitadas a cargo do 1% cultural

O reparto do 1%

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
O Consello de Ministros aprobaba o pasado venres os convenios polos que reparte o 1% das actuacións do ministerio de Fomento que se destina a empregos culturais. Desta volta, son as obras de rehabilitación da catedral de San Martiño de Mondoñedo, en Foz e mais a transformación da fábrica de conservas Peña, en Cambados nun centro museístico son as actuacións galegas que se benefician deste reparto. No entanto, en Ferrol lamentan que non se incluíse a recuperación do castelo de San Felipe nesta xeira, a pesar de que o Goberno anunciara aínda en outubro o apoio ao proxecto.

Máis información no web da Moncloa, en Cambados.es e en Diario de Ferrol

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cambados, Ferrol, San Martiño, Mondoñedo...