Pontevedra acolle un cásting de actores para a segunda película de Mario Iglesias

Catalina

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Despois da boa acollida de “De bares” na Seminci de Valladolid (aínda pendente do que acontece nos festivais de Montpellier e Ourense), o realizador pontevedrés Mario Iglesias xa ten os ollos postos en “Catalina”. É o título da súa segunda longametraxe que comezará a rodar o vindeiro sete de novembro en Pontevedra. De feito, hoxe e mañá a produtora realiza un cásting na facultade de belas Artes de Pontevedra (entre as 9:00 e as 21:00horas) para buscar actores que participen na película e que compartirán espazo con Celso Bugallo, Nancho Novo e Emma Álvarez.

Máis información na ficha de Catalina

Que che parece esta nova?
57 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Mario Iglesias, Belas Artes, Facultade de Belas Artes de Pontevedra, AVG...