Retegal e Abertis chegan a un acordo polo que o sinal de televisión dixital de TVE chegará ao 98% dos galegos

Canal 98 da TDT

27/10/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
O 3 de abril de 2010 desaparecerán as emisións en analóxico. Por iso, as empresas encargadas de fornecer de sinal dixital están a traballar para poder ofrecer a máxima cobertura para esa data. Así se pode entender o acordo que asinaron onte os directivos de Retegal (empresa pública encargada da xestión das infraestructuras e servicios de telecomunicación) e Abertis (corporación privada) que permitirá que o 98% da superficie galega poidan recibir o sinal dixital de Televisión Española antes do 2010. Coa infraestrutura preparada, poderá ter lugar a entrada e desenvolvemento das televisións privadas de carácter estatal no noso país.

Máis información no web da Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con TVE, TDT, Comunicación Audiovisual

Claves

Entidades