Paula Carballeira e Claudia Grandal fanse cos premios Manuel María e Álvaro Cunqueiro do IGAEM

Premios a escena

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
O premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil xa ten a súa primeira gañadora. Paula Carballería facíase esta mañá con este galardón que organiza o IGAEM coa súa obra "Boas noites". Ao tempo, fallábase o XV Premio Álvaro Cunqueiro para Textos Teatrais, que foi desta volta para Claudia Grandal por "O caso Otero". Os premios están dotados con 4.000 e 6.000 euros, respectivamente, e inclúen a publicación da obra. Pola súa banda, Breogán Riveiro facíase onte co premio "Pura e Dora Vázquez" de narración que convoca a Deputación de Ourense e está dotado con 3.000 euros.

Máis información no web do IGAEM e en La Región

Que che parece esta nova?
71 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con IGAEM, Manuel María, Álvaro Cunqueiro, Paula Carballeira...