Xia Arias e Breogán Riveiro gañan estes días cadanseu certame de escrita

Barriga verde coma estruga

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
A xornalista Xia Arias (A Fonsagrada, 1983) ven de gañar coa obra “Poemas nas ortigas” o XIX Premio Nacional Xosé María Pérez Parallé de poesía. A editorial Espiral Maior publicará a obra e o vindeiro sábado, día 25 de novembro, entregarase o galardón á autora nun acto que terá lugar no Casino de Fene. Tamén a obra “O afundimento do Tiránic”, de Breogán Riveiro (Montevideo, 1967) gañou estes días o IV Premio Internacional Barriga Verde de Textos para Teatro de Títeres 2006 na categoría de monicreques para rapaces, segundo resolveu por unanimidade o xurado. Un total de dez orixinais optaron a esta cuarta edición do galardón promovido polo IGAEM e dotado con catro mil euros.

Máis sobre o Barriga Verde no IGAEM
e sobre o Pérez Parallé en Galicia Hoxe

Que che parece esta nova?
75 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con IGAEM, Breogán Riveiro, Breogán, Xosé María Pérez Parallé...