Pérez Touriño declara conxelado o orzamento da Cidade da Cultura para o ano 2007

A Cidade arrefriada

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Na rolda de prensa posterior á celebración do Consello da Xunta na que se presentaron os Orzamentos Xerais da comunidade para 2007, o presidente do Goberno galego sinalou que os orzamentos da Cidade da Cultura, están “practicamente conxelados” para o ano que ven. O investimento asignado de 50 millóns está destinado “exclusivamente” a rematar as obras “en plena execución”. Neste marco o presidente referiuse ao arquivo, biblioteca, edificio de servizos e o de museos. Pérez Touriño aclarou que “non investimos nada en proxección de novos contedores”, e lembrou que no debate de investidura, se comprometeu a revisar o proxecto e amosou o seu convencemento de que “antes de fin de ano” se poidan “presentar as claves desa orientación e revisión”.

Máis información no sitio web da Xunta, en Galicia Hoxe e en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Museos, Goberno Galego, La Voz de Galicia, Galicia Hoxe...