Nome fundamental do xornalismo galego, Raimundo García mantívose ata a fin do seus días coma unha figura imprescindible da nosa cultura

CulturagalegaTV: Raimundo García

| Santiago. Redacción | Seccións: Comunicación
Compartir:
"Desde rapaz tiña moita afección á lectura de xeral pero sobre todo de periódicos. Era lector diario de catro xornais". Xa lle viña de novo a Raimundo García "Borobó" a vocación polo xornalismo. Comezou a súa carreira a facer un xornal durante a Guerra Civil, pero entre nós é lembrado especialmente polo seu traballo no xornal "La Noche", bastión da cultura galega no noso país durante a posguerra ou pola fundación da revista "Chan". Borobó continuou a escribir infatigable, colaborando con publicacións coma "Galicia Hoxe" ou "A Nosa Terra" ata a súa morte en 2003. Agora podemos escoitalo de novo a debullar as súas lembranzas en tres minutos dentro da serie "Historias de Vida", que dirixiu Xan Leira.

Mira o episodio en culturagalegaTV

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Culturagalega, Xornalismo, Xan Leira, Morte...