A BD galega participa no Proxecto_Edición presentando os seus proxectos en Pontevedra

A edición debátese con BD

11/10/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Para os vindeiros 27, 28, e 29 deste mes, o Proxecto_Edición que comparten o CGAC, o MARCO e a Fundación Seoane aterra en Pontevedra. Faino na forma dunha feira na que se encontrarán exemplos de edición creativa e independente do noso país. Entre os participantes encóntrase unha representación da BD galega. Deste xeito, o colectivo Polaqia contará cun posto propio e presentará os seu traballos de edición na actividade "Entre-cruzar". Canda a eles, autores coma Kiko da Silva, Dani Montero, Robledo ou Jano participan no evento, segundo sinala o web da iniciativa.

Máis información no web do Proxecto Edición

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pontevedra, Kiko da Silva, Feira, Polaqia...