Comeza o curso con homenaxes a Díaz Pardo e a Paco Martín, o premio Meiga Moira e a retirada do Vicente Risco

Os premios veñen e van

Arrinca a temporada coa realización de homenaxes e a entrega de premios. Por unha banda, a Fundación Araguaney entregoulle onte a Díaz Pardo o seu premio en homenaxe polo traballo realizado a prol do desenvolvemento de Galicia. Para o vindeiro día seis celebrarase a homenaxe ao escritor Paco Martín cando se fan vinte anos de que levase o Premio Nacional de Literatura polo libro "Das cousas de Ramón Lamote". Hoxe sabemos tamén que o escritor Antonio Yáñez fíxose co premio "Meiga Moira" de literatura infantil e xuvenil que convoca Baía Edicións pola obra "Lóbez". E, finalmente, o xurado do XI Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais decidía onte retirarlle o galardón a Érica Sarmiento, gañadora da última edición, ao considerar que a obra que presentara xa estaba publicada previamente, o que incumpre as bases do certame.


Máis información en El Correo Gallego, en El Progreso, máis sobre o premio Vicente Risco nos nosos arquivos e en Lg3