Continúa o Ano da Memoria cun concerto, unha homenaxe aos mestres represaliados e aos dous galegos fusilados no 75

A memoria do último

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Hai hoxe 31 anos tivo lugar o último dos fusilamentos da ditadura. Dos catro asasinados polo réxime había dous galegos, Humberto Baena e Xosé Luís Sánchez-Bravo, membros da Fronte Revolucionaria Antifascista e Patriota. A Asociación para a recuperación da Memoria Histórica súmase á celebración que leva celebrando desde hai unha década a Comisión para a Conmemoración do 27 de setembro. Polo demais, a conselleira de Educación participou nunhas xornadas para lembrar os mestres represaliados durante a Guerra Civil. Completa as actividades o concerto da memoria que organiza Utopía Foro na Illa de San Simón e no que autores como Javier Pena, Silvia Costas ou Xavi Núñez Bertolo poñen música aos textos de Federico García Lorca.

Máis información sobre o fusilamento de dous galegos no 75 en Vieiros, no web do Ano da Memoria e no web do Foro Utopía

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vieiros, Lorca, Federico García Lorca, Memoria Histórica...