Acaba de estrear nova sede, pero Ibisa TV segue fiel aos seus principios, os de fomentar o dialogo intercultural e a reflexionar sobe xeografÃa, historia ou etnografÃa a través de documentais. De feito, nos próximos meses a TVG estreará “Linatakalam”, unha serie de seis capÃtulos que segundo o productor executivo, ValentÃn Carrera, “ten como o eixe o diálogo a través de diferentes temas como a emigración, os dereitos da muller ou os problemas da escaseza de auga”. Nesa mesma liña está tamén “Bassir & Karpin”, documental que se estrea no vindeiro mes de outubro e no que aproveita a historia de dous xogadores de fútbol do Deportivo e do Celta para falar do diálogo intercultural. Por último, entre os proxectos máis inmediatos de Ibisa está a estrea de “Sherezade en Galicia. As palabras de Nélida Piñón”, un documental que fai un percorrido sobre Brasil e Galicia a través da coñecida escritora.
Máis información no web de Ibisa TV