A UNESCO incorpora a serie Linatakalam á súa mediateca audiovisual

A plataforma achega contidos de carácter cultural

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Un espazo para ver diferentes culturas do mundo. Isto é o que é a mediateca audiovisual da UNESCO, un sitio web que conta a día de hoxe con 500 producións audiovisuais. Unha listaxe á que se acaba de incorporar unha produción galega, Linatakalam. Esta serie documental está elaborada por Ibisa Tv, e recolle os problemas do mundo árabe e Galicia a través de temas comúns como a emigración, os dereitos da muller ou os problemas da escaseza de auga. A incorporación ao catálogo supón, en palabras do seu director Valentín Carrera, “unha nova vía de exhibición e distribución” deste tipo de produtos culturais. Tal e como figura no seu sitio web, a plataforma incorpora contidos de carácter cultural para que realizadores e produtores independentes “promovan e comercialicen os seus produtos entre organismos de radiodifusión, organizadores de festivais e outras institucións”.

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con UNESCO, Documental

Claves

Entidades
Conceptos