“Un franco, catorce pesetas” e a participación de Luís Tosar compoñen a presenza galega en San Sebastián

Cine e só cine

22/9/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Acaba de arrancar en San Sebastián a 54 edición do festival de cine máis prestixioso do Estado. Un evento no que tamén haberá presenza galega repartida entre as salas de proxeccións e as de presentacións. No primeiro caso, o filme coproducido por Adivina “Un franco, 14 pesetas” representa o único filme galego que figura no programa dentro do ciclo Emigración. Ademais, o actor lucense Luís Tosar figura na produción “As vidas de Celia” que compite na sección oficial. Fóra das salas de proxección, asinarase o convenio do “Fondo Raíces” que este ano incorpora a Andalucía e que presentará as producións subvencionadas no 2005 e que as que axudarán nesta edición.

Máis información na fichas de AVG en “Un franco, 14 pesetas”

Que che parece esta nova?
24 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Luís Tosar, AVG, Culturagalega...

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos
Lugares