Daniel Soutullo recibe un premio de Bioética mentres que César Fernández descubre como combater as malas herbas reducindo o uso de tóxicos

Clúster de ética

Daniel Soutullo e César Fernández-Quintanilla teñen en común que hoxe son biólogos, e os dous son noticia por cousas ben diferentes. O primeiro porque co seu libro “Bioloxía, cultura e ética. Crítica da Sociobioloxía humana” acaba de facerse co premio de investigación Bioética da Fundación Víctor Grifols i Lucas de Barcelona, un dos máis prestixiosos do sector. O segundo, César Fernández-Quintanilla, porque participa nun equipo de investigadores que analizan a poboación dunha mala herba, cuxos resultados permitirán reducir o uso de tóxicos que se empregan para combatelas. Ademais, onte tivo lugar a primeira asemblea do "Clúster da Biotecnoloxía de Galicia", que agrupa a 31 representantes de empresas que se centran na xeneración de biotecnoloxías específicas nas áreas de alimentación, acuicultura, bioinformática, biomedicina, química, gandería e agricultura.

Máis información sobre o premio no web da Fundación e en La Voz de Galicia sobre investigación de César Fernandez e Clúster da Biotecnoloxía