O Clúster preséntase no Salón Internacional da Tecnoloxía Audiovisual

CLAG no SIMO

6/11/2007 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Os principais obxectivos que persegue o Clúster Audiovisual Galego (CLAG) encóntranse estes días en Madrid. Dunha banda porque a entidade que agrupa preto de 50 empresas do sector audiovisual do país, presentouse na Casa de Galicia en Madrid onde anunciou que está na fase final de creación dunha marca identificativa que impulsará o sector. Da outra, porque nese camiño pola internacionalización, o Clúster participa por primeira vez no “Broadcast”, o Salón Internacional da Tecnoloxía Audiovisual, que se celebra del 6 ao 9 de novembro en IFEMA, no marco do Salón Internacional da Informática Multimedia e as Telecomunicacións (SIMO).

Máis información no web do Clúster Audiovisual e no do SIMO

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Tecnoloxía, Madrid, Clúster Audiovisual Galego, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)