Terra das Mariñas pide ideas para facer un parque temático baseado en "O bosque animado"

A animar a fraga

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
O Grupo de Acción Local Terra das Mariñas acaba de convocar un concurso de ideas coa intención de desenvolver un parque temático rural. O eixe co que pretenden atraer visitantes é a novela de Wenceslao Fernández Flórez "O bosque animado", que transcorre na fraga de Cecebre, nesta mesma comarca. O patrimonio natural, as festas, a gastronomía ou as tradicións da zona son algúns dos recursos que se animan a aproveitar para a posta en valor da zona. O gañador levará un premio de 10.000 euros.

Máis información no web do grupo de acción e en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
77 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Wenceslao Fernández Flórez, Wenceslao Fernández Flórez, La Voz de Galicia, Gastronomía