Os actores asociados en “Escena galega” asinan un manifesto no que lle reclaman á Consellaría de Cultura un proxecto para o eido dramático

Os actores protestan

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
A mala xestión da última edición da Feira de Artes Escénicas, a desaparición dos circuítos culturais, os criterios cos que se fixo a concesión de axudas e a reforma (xa en marcha) da Rede de Teatros e Auditorios son algunhas das queixas que figuran no comunicado feito público por “Escena Galega”, un colectivo que preside Celso Parada e que agrupa a profesionais do sector como Xosé Manuel Rabón, Olga Cameselle, Paco d´Pink ou Luma Gómez. No manifesto, os actores reclaman un proxecto con “metas, prazos, orzamentos e, sobre todo, proxección de futuro”.

Máis información en Galicia Hoxe e sobre a creación da asociación na nosa hemeroteca

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manifesto, Escena Galega, Manuel Rabón, Xosé Manuel Rabón...