A Consellaría de Cultura fai un repaso dos seus proxectos na presentación do seu novo web

Comezar o curso en rede

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
A presentación do novo web da Consellaría de Cultura que se realizou no CGAC esta mañá, serviulle a Ánxela Bugallo para adiantar as principais liñas do seu departamento para o vindeiro ano. Deste xeito, a aprobacións de leis coma a do Libro, o IGAEM, arquivos e museos e deporte son as principais propostas lexislativas para 2007. A redefinición da Cidade da Cultura será un dos campos que máis esforzos concentrará na Consellaría, un proceso que se agarda estea rematado para o vindeiro mes de abril. A nivel deportivo, anúncianse novas seleccións e a posta en marcha do novo plan de deporte escolar, mentres que para espectáculos incídese especialmente na reforma da Rede Galega de Teatros e Auditorios e no desenvolvemento de novos programas de artes escénicas. Iniciativas de difusión do Patrimonio e o desenvolvemento da proxección exterior da nosa cultura son outras das liñas que Bugallo agarda fortalecer ao longo deste curso político.

Máis información no novo web da Consellaría

Que che parece esta nova?
19 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ánxela Bugallo, Artes Escénicas, Museos, Rede Galega de Teatros e Auditorios...