As galerías de Santiago e o MARCO achegan as últimas inauguracións

Exhibición creativa

| Santiago. Redacción | Seccións: Escolle sección
Compartir:
MARCO, Fundación Granell e as Galería C5 e as DF son as últimas entidades que se acaban de sumar ao panorama expositivo. Comezamos polo MARCO que abre mañá “Espazos de recreo”, outra das iniciativas que se integran dentro do “Proxecto Edición” que estrea hoxe o CGAC con “Paperback. Edicións baratas”. E mentres Martín Pena reflexiona sobre a tradición oral a través dun arquivo de imaxes de patios de recreo situados en centros de ensino de primaria e secundaria en Galicia en Vigo, a Fundación Granell en Santiago abre hoxe “Documento-q, la Sombra”, unha mostra que recolle os traballos artísticos feitos por persoas que padecen algunha enfermidade mental e se integran dentro da asociación cultural “Fonte da Virxe”. Ademais, as Galerías DF e C5 acollen mostras de Eduardo Valiñas e Kribi Heral, Massimo Pisani, Cayetano Fernández e Pepe Calvo.

Máis información no web do MARCO, da Fundación Granell e no da Galería DF

Que che parece esta nova?
25 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Galería, Tradición oral, Secundaria, Ensino...