A Fundación Granell presenta a biografía do artista no décimo aniversario do seu pasamento

A biografía, os amigos, a memoria

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
A Fundación Granell celebraba onte un dobre aniversario. Por unha banda que se cumprían 93 anos do nacemento de Eugenio Granell e, pola outra, que a fundación leva dez anos traballando pola preservación da súa memoria. Coa efeméride deuse a coñecer a biografía do artista feita por Carlos Arias, editada dentro ca colección “A nosa memoria”, así como a exposición “O estudo e os amigos de Granell”, que estará aberta ata o 2006. Ademais, a filla de Granell e directora da fundación, Natalia Fernández, anunciou a próxima aparición das memorias do artista.

Máis información no web da Fundación Granell, en La Voz de Galicia e en El Correo Gallego

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con La Voz de Galicia, El Correo Gallego, Eugenio Fernández Granell, Fundación Eugenio Granell