O Instituto Cervantes e o Ministerio de Cultura están a organizar a primeira Mostra de Artes Escénicas para programadores internacionais (do 6 ao 9 de setembro). Un evento no que se poderán ver producións de pequeno e mediano formato que logo se exhibirán no 2007 no circuÃto regular de cidades estranxeiras. Entre as montaxes seleccionadas para participar na Mostra hai, segundo publica Galicia Hoxe, unha galega. Trátase do “aquófono” un peculiar instrumento de percusión que deseñou o grupo Parto.
Máis información en Galicia Hoxe