Celanova acolle a celebración dunhas xornadas sobre a memoria histórica nas que se homenaxeará a Díaz Pardo

Volverlles a palabra

Celso Emilio Ferreiro recolle na súa obra “Longa noite de pedra”, o testemuño da angustia individual e colectiva dun período da historia. Unha represión que sufriu en carne propia cando estivo detido no Mosteiro de Celanova. Precisamente, esta localidade ourensá volve falar estes días da represión franquista, aínda que desde outro punto de vista, o da necesidade de devolverlles a palabra ás persoas que alí foron represaliadas. É o obxectivo das xornadas sobre "Represión, Solidariedade e Resistencia Antifranquista" que lembran o pasado con conferencias, proxeccións e mesas redondas. Uns días que servirán para homenaxear a Isaac Díaz Pardo, cuxo pai foi asasinado durante o franquismo.


Máis información en Galicia Hoxe e La Región