A novena edición de “Viñetas desde o atlántico”, o salón do cómic que organiza o concello da Coruña, pechaba as súas portas este domingo deixando tras de si boas novas para a banda deseñada. Por unha banda, incrementouse o número de visitantes desta edición (73.000) e, pola outra, segundo publica o web do concello coruñés, editoras e tendas especializadas auguraron un incremento da vendas sobre as cifras do último ano. “Viñetas” serviu de espazo de presentación das novidades, entre as últimas, a TVG anunciou que a mediados de setembro comezará a emitir a serie francesa “Corto Maltés”. Xunto a serie protagonizada pola personaxe creada polo italiano Hugo Pratt, hai cinco novidades máis: as series Marsupilami, Megaman, Código Lyoko, Beyblade e a terceira parte da saga Songoku, Dragon Ball GT.
Mais información sobre as novidades da TVG en La Voz de Galicia, sobre as cifras da novena edición de Viñetas no web do Concello da Coruña e o noso soportal BD