Ana Míralles convértese na primeira muller en ter un espazo no salón do cómic da Coruña

Viñetas en feminino

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Grandes e pequenos teñen unha cita en A Coruña. Onte comezou na cidade herculina "Viñetas no Atlántico", a cita da banda deseñada máis importante do noroeste peninsular. E este ano faino cunha ollada feminina: a que lle concede á madrileña Ana Miralles que se converte na primeira artista en expoñer dentro do programa oficial; no que tamén se fará unha homenaxe a varias efemérides: aos trinta anos da Revolución dos Cravos e aos dez anos do Xabarín. Bruce Jones (creador de Hulk, Spiderman ou Daredevil) ou "El víbora" (unha cabeceira histórica) son outros nomes propios que non faltarán á cita.

Máis información no web do Concello da Coruña e no noso soportal sobre BD

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cómic, Banda deseñada, Concello da Coruña, Culturagalega...