Na VII edición de Viñetas desde o Atlántico a celebrarse na Coruña entre o 16 e o 22 de agosto a organización destaca a presenza feminina coa debuxante Ana Miralles e a guionista italiana Bárbara Canepa, asà como a presenza de máis autores italianos. A organización avanza que tamén aparecerán polo salón Javier Pulido, Fernando Iglesias, Bruce Jones, IdÃgoras e Pachi, Denis Deprèz, Nicolás de Crécy, Guido Silvestre e Vicente Segrelles. Cinco exposicións ilustrarán esta cita internacional. No Pazo de MarÃa Pita poderán verse orixinais da serie “Tocando los Borbones” editada por El Jueves alén dunha selección de cómics clásicos de piratas. A Casa da Cultura Salvador de Madariaga acollerá a exposición conmemorativa do décimo aniversario do XabarÃn e no Kiosco Alfonso verase unha mostra homenaxe á revista “El VÃbora”. No Kiosco tamén poderá verse “A revolución dos caraveis no cómic”, unha exposición que coincide co 30 aniversario do levantamento portugués.
Máis información no sitio web do Concello da Coruña
e na páxina de Viñetas desde o Atlántico