Javier Losada, alcalde de A Coruña, e Miguelanxo Prado, debuxante e director de “Viñetas desde o Atlántico”, acaban de presentar a programación do salón do cómic que comeza o vindeiro luns na Coruña. Esta edición, que aumenta o seu espazo expositivo coa incorporación da Casa dos Peixes, ten dous protagonistas. Dunha banda os superheroes norteamericanos, que permite ver orixinais dos debuxantes Brent Anderseson (X-Men, DÃos ama, el hombre mata) e Asad Ribic (Loki). Da outra, e coincidindo que estamos en pleno Ano da Memori,a o Salón presta atención ao cómic social amosando dúas publicacións de banda deseñada que se editaron durante a Guerra Civil. Continúan nesta liña social as obras de debuxantes como Frederick Peeter, Gui Delisle, Manu Larcenet e Jessic Abel.
Mais información no web do Concello da Coruña, La Voz de Galicia e no web de Viñetas desde o Atlántico