A Federación Galega de Espeoloxía asegura que as grutas de Galicia están desprotexidas

Grutas desprotexidas

| Santiago. Redacción | Seccións: Medio Ambiente
Compartir:
Hai uns días uns individuos entraron na Cova de Santalla e, armados con serras mecánicas, destrozaron dúas estalactitas e pintaron de vermello as paredes. A de Santalla é unha das 250 grutas que hai en Galicia e, segundo denuncia a Federación Galega de Espeleoloxía nunha reportaxe publicada en “La Voz de Galicia”, están desprotexidas perante as agresións vandálicas. De momento, das covas existentes no país a única que conta cun proxecto de explotación turística é a do Rei Cintolo. Un proxecto defendido polo Concello de Mondoñedo e a Deputación de Lugo e que está paralizado de xeito cautelar pola Xustiza despois da denuncia interposta pola Federación Galega de Espeleoloxía.

Mais información en La Voz de Galicia e sobre a Cova do Rei Cintolo na nosa hemeroteca

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con La Voz de Galicia, Concello de Mondoñedo, Deputación de Lugo, Culturagalega