Vigozoo acaba de cumprir 35 anos. Para celebralo os seus responsables acaban de inaugurar un museo que, ademais de ofrecer máis información sobre os animais e o seu medio, servirá para facer un repaso pola súa historia. A entrada ao zoo será de balde ata outubro, despois incluirase no prezo da visita ás instalacións. Ademais, Vigozoo prepara para os dÃas 6 e 7 de setembro un campamento para nenos con actividades encamiñadas a concienciar os nenos no respecto ao medio. “Un dÃa no zoo”ou a garderÃa para o verán son outras das actividades que organiza o centro para incrementar as 75.000 visitas que recibiron no que vai de ano.
Mais información no Faro de Vigo