O Zoo da Madroa deberá reformar as súas instalacións antes de outubro ou fechar

Mellorar ou fechar

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
A recente visita dos inspectores da Unión Europea ao parque zoolóxico da Madroa, en Vigo, deixou un ditame claro. O zoo debe reformar urxentemente as súas instalacións para axeitarse á directiva europea sobre este tipo de parques ou fechar. Coincidindo con esta circunstancia o concelleiro responsábel do parque, Xosé Manuel Couto, anunciou a súa intención de aproveitar para ampliar en dez mil metros cadrados as instalacións, co que se crearía un espazo que os animais poderían habitar en réxime de semiliberdade.

Máis información na edición de onte de Atlántico Diario; web do zoolóxico

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vigo, Unión Europea, Atlántico

Claves

Entidades
Lugares