As obras do Parque Arqueolóxico da Romanización de Lugo poderían comezar en dous anos

De Lugo a Lucus en dous anos

| Santiago. Redacción | Seccións: Escolle sección
Compartir:
María Xesús Tallón, xefa do servicio de Arqueoloxía da Xunta, anunciou onte que en dous anos poden comezar as obras do Parque Arqueolóxico da Romanización en Lugo. Coincidindo coa visita a Lugo de representantes das empresas que desenvolverán o proxecto do parque, Tallón anunciou tamén que están a buscar unha localización o máis preto posible da muralla, aínda que descartou que o centro se sitúe no casco histórico. O futuro parque terá unha extensión de 5.000 metros cadrados dentro dos cales se construirá o centro.

Máis información en La Voz de Galicia e nos nosos temas sobre a rede arqueolóxica da Xunta e sobre o anfiteatro romano de Lugo

Que che parece esta nova?
49 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lugo, Culturagalega, Arqueoloxía, La Voz de Galicia

Claves

Conceptos
Lugares