Comezan os traballos para decidir a localización do centro de interpretación do Parque do Megalitismo

Informe de megálitos

| Santiago. Redacción | Seccións: Escolle sección
Compartir:
Un equipo de arquitectos, enxeñeiros, arqueólogos, xeógrafos e biólogos traballará durante un ano para redactar o informe que decidirá a localización do Centro de Interpretación do Parque do Megalitismo. Este parque, incluído na Rede Galega de Patrimonio Arqueolóxico que promove a Xunta, situarase na comarca de Terra de Soneira, e calcúlase que contará cunhas instalacións de arredor de tres mil metros cadrados dedicadas en exclusiva a estas construcións pétreas. As previsións do Dirección Xeral de Patrimonio son que o parque reciba arredor de cen mil visitas anuais.

Máis información en El Correo Gallego; e na nosa noticia sobre a Rede de Patrimonio

Que che parece esta nova?
51 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con El Correo Gallego, Dirección Xeral de Patrimonio, Culturagalega, Arqueoloxía