Os libreiros súmanse aos apoios da cultura para Isaac Díaz Pardo

Librarías abertas para Isaac

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A través dun comunicado o gremio de libreiros manifestou publicamente o seu apoio e solidariedade con Isaac Díaz Pardo. A Federación de Libreiros de Galicia agradece o traballo levado adiante polo intelectual e a súa aposta polo libro así como a súa achega á recuperación da memoria histórica na colección bibliográfica Serie Documentos de Ediciós do Castro pola que a Federación de Libreiros lle outorgou o Premio Irmandade do Libro. “Na inxusta e incomprensible situación pola que está a pasar Díaz Pardo – di o comunicado público-, os libreiros queremos transmitirlle o noso afecto e gratitude e pedir con forza, a quen competa, respecto e xustiza para unha das figuras máis senlleiras da cultura galega”.

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Isaac Díaz Pardo, Memoria Histórica, Federación de Libreiros de Galicia, Ediciós do Castro