O Premio Otero Pedrayo recoñece o traballo da Real Academia e mais do Laboratorio de Formas

Un Pedrayo de actualidade

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Desde 1977 as catro deputacións, a Xunta, as universidades do país, e diferentes institucións culturais teñen establecidos os premios Otero Pedrayo en recoñecemento ao traballo a prol da cultura galega. Na edición de 2006, este galardón vai para dúas iniciativas que están de actualidade por diferentes motivos. Por unha banda a Real Academia Galega lévao no ano en que celebra o seu centenario. Pola outra, o Laboratorio de Formas que fundaron Luís Seoane e Isaac Díaz Pardo ve recoñecido o seu traballo nun momento en que este último acaba de ser afastado da dirección do Grupo Sargadelos.

Máis información en La Voz de Galicia; en Galicia Hoxe, en Vieiros e nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Laboratorio de Formas, Vieiros, Isaac Díaz Pardo, Luís Seoane...