O encontro sobre creación e identidade do Consello da Cultura reúne en Compostela algúns dos principais nomes da arte no Estado

Globos e arte

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
"Arte: identidade e globalización" é o título do seminario que a Sección de Artes Plásticas do Consello da Cultura organiza a partir de mañá na sede desta entidade en Compostela. Para tratar tan complexo tema, a organización reuniu algúns dos máis destacados nomes da arte a nivel estatal. Loures Fernández, directora de ARCO, Rafael Doctor, director do Museo de Arte Contemporánea de León ou a crítica Anna María Guasch entre moitos outros participarán destas xornadas de análise, que se desenvolverán os días seis, sete, vinte e vinte e un deste mes.

Máis información no web do Consello da Cultura

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Identidade, ARCO, León, Consello da Cultura Galega...