O Consello da Cultura analiza nunhas xornadas a pegada da identidade na arte

Entre a arte e a identidade

Cataluña, o País Vasco, Lisboa e Galicia son exemplos de lugares nos que se pode apreciar unha forte presenza da identidade e da memoria nas creacións artísticas. Por iso, tomaranse como exemplo para explicar a relación que ten a arte para canalizar esa tensión e dialéctica que xorde entre o local, o contorno inmediato, o global e o internacional. Esta análise levarana a cabo creadores, críticos, teóricos e directores de centros de arte de recoñecido prestixio nunhas xornadas que organiza o Consello da Cultura Galega. As sesións celebraranse no salón de acto da institución o 6, 7, 20 e 21 de xullo.

Máis información no web do Consello da Cultura Galega