Vigo reclámalle a Patrimonio un ungüentario bizantino que se descubrira na cidade

Discusións bizantinas

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
O tema está nos xulgados. O Concello de Vigo reclámalle á Dirección Xeral de Patrimonio que lle volte á cidade un ungüentario bizantino que aparecera nunhas escavacións no túnel do Areal. A peza, que se expón actualmente no Museo das Peregrinacións, viaxou a Compostela para unha mostra temporal sobre as primeiras viaxes relixiosas a Terra Santa. Desde o Concello reclaman que a peza se expoña no Museo de Castrelos, nunha sala dedicada especificamente á arqueoloxía local. Desde Patrimonio defenden a situación actual da peza, por considerar que alí ten mellor aproveitamento sociocultural.

Máis información en El Correo Gallego

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Arqueoloxía, El Correo Gallego, Museo de Castrelos, Concello de Vigo...