Comeza, no Museo Pedagóxico de Galicia, a homenaxe aos profesores represaliados polo franquismo

A derradeira lección

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
A colocación dunha placa no Museo Pedagóxico de Galicia será á primeira homenaxe ao colectivo de profesores que sufriron a represión do franquismo. Esta mesma tarde, o Seminario Galego de Educación para a paz organiza esta tarde o acto co título de "A scola fusilada". No evento Avelino Pousa Antelo, Isaac Díaz Pardo, Antía Cal e Herminio Barreiro intervirán como representantes daquela xeración, e proxectarase o documental "La escuela fusilada" de Daniel Álvarez. En total coñécense oitenta e seis casos de docentes fusilados naquel período.

Máis información en Galicia Hoxe e no web do Seminario Galego de Educación para a Paz

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Franquismo, Museo Pedagóxico de Galicia, Educación, Antía Cal...