Hai xa varios meses que saÃu ao mercado "O ceo cáenos enriba", o último álbum das aventuras de Astérix. Desde aquela fóronse sucedendo as reivindicacións de que esta e mais as anteriores aventuras do galo se editen en galego, do mesmo xeito que se publican en catalán e en euskera. Na busca deste obxectivo, os alumnos de primeiro de ESO do instituto de Viceso, en Brión, chegaron a facer a súa propia tradución destas aventuras. Canda a esta iniciativa, realizaron actividades como se disfrazar de galos e recoller sinaturas para animar a editorial Salvat-Bruño a empregar a nosa lingua. Hoxe, o director xeral de Promoción e Difusión Cultural, LuÃs Bará, visitará o centro acompañado do escritor de literatura infantil Xosé Neira Cruz e mais do autor de BD Kiko da Silva para recoñecer o seu esforzo.
Máis información en El Correo Gallego; Infobrión.com e nos nosos arquivos