As mocidades da Mesa pola Normalización reclaman a edición en galego do novo álbum de Astérix

Astérix o Galego

28/9/2005 | Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
O novo álbum de Astérix, “Le ciel lui tombe sur la tête” podería ver a luz en galego de cumprírense as reclamacións da Mesa pola Normalización Lingüística a este respecto. O director xeral de creación cultural, Luís Bará, asegurou que fará as xestións necesarias para conseguir que se faga unha tiraxe en galego desta obra. Está previsto que no Estado se publiquen 300.000 exemplares en castelán e outros 50.000 en catalán. Polo momento, a editora sinalou que non teñen previsto sacar versión na nosa lingua do álbum. Desde as Mocidades da Mesa púxose en marcha unha campaña de envío de correos para solicitarlle á editora que faga a tradución da obra.

Máis información en La Opinión e no web da Mesa, máis sobre Astérix e Galicia nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Astérix, Luís Bará, Tradución, Normalización Lingüística...