Os encargados de deseñar a programación cultural nas cidades e vilas de Galicia teñen este venres e sábado unha cita en Santiago. Trátase das xornadas “Cultura e Concellos” que organiza o Consello da Cultura Galega e que este ano se centran na "Acción cultural nos espazos urbanos". O director do CGAC, Manuel Olveira, a directora da Fundación LuÃs Seoane, Silvia Longueira e Xesús Ron, da Sala NASA son algúns dos participantes dun encontro que coordina Xan Bouzada.
Máis información no web do Consello da Cultura