A tradición oral e as novas tecnoloxías centran dous congresos sobre a cultura

Cultura: concellos e tradición oral

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Carnota e Santiago acollen esta fin de semana dúas xornadas para analizar diferentes formas da cultura. Na localidade coruñesa desenvolveranse as V Xornadas Internacionais de Cultura Tradicional dedicadas á “literatura de tradición oral en Galicia” nas que participarán González Reboredo e Méndez Ferrín. A cita comeza o 18, o mesmo día que o Consello da Cultura Galega inaugura os IV Encontros de Cultura e Concellos. Unhas xornadas nas que diferentes expertos analizarán o novo contexto (desde o punto de vista social e tecnolóxico) no que traballan os técnicos de cultura dos concellos.

Máis información no web do Consello da Cultura Galega sobre as xornadas “Cultura e Concellos”

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Tradición oral, Consello da Cultura Galega, Méndez Ferrín, Literatura...

Claves

Protagonistas
Lugares