Ata o de agora era coñecida como a responsable da maior parte do lixo galego. Agora, a Sociedade Galega de Medio Ambiente (Sogama) vai ampliar a súa actividade a novos ámbitos acordes co seu nome. O apoio á autocompostaxe no medio rural, a creación dun espazo temático sobre medio e enerxÃas renovables que se chamará Soltaira, a aplicación de novas tecnoloxÃas á separación do lixo ou o apoio á reciclaxe e á concienciación ambiental son as principais liñas que seguirá a sociedade, segundo informou esta fin de semana "El Correo Gallego".
Máis información en El Correo Gallego