Febreiro é un mes de citas coa roupa. Mentres nos escaparates dos comercios ultiman os últimos prezos das rebaixas, as empresas e os deseñadores xa están decidindo o que nos poñeremos a vindeira temporada outono-inverno. E o mellor sitio para descubrir as tendencias que nos marcan pasan por Madrid e Barcelona. Lonxe da polémica pola proposta de unificar e crear unha pasarela única, este sábado comezou en Madrid unha das citas internacionais máis importantes da temporada: a Semana Internacional da Moda de Madrid. E nesta cita non podÃa faltar representación galega. Seis compañÃas (MarÃa Mariño, Olga Santoni, Makari, Grupo Viriato e Guerral) aportarán o seu gran de area nesta cita ineludible.
Representantes
Son seis as empresas galegas que desde este sábado exhiben o mellor e o máis idóneo das súas coleccións. Unhas propostas para vestir á muller e ó home na vindeira temporada outono-inverno e que, como tónica xeral, está marcada pola comodidade e a confortabilidade. Imos facer un repaso das principais aportacións de cada un dos grupos galegos:
- Olga Santoni será a encargada de dar o pistoletazo de saÃda a esta cita coa moda. Unha cita que se inspira na "belle epoque" e que pretende recuperar as formar astesanais de creación (a textura do fÃo, ademais dunha cor rústica) desde concepcións empresariais de creación.
-MarÃa Mariño sera a encargada de abanderar unha proposta de calidez de confortabilidade con gabardinas, denim, panas flocadas, lanas-viscosa, adornados con microdebuxos, estampados, raias diplomáticas, plisados e microraias. MarÃa Mariño pensa nunha muller vestida con chaquetas entallada, levitas, blasiers de largas solapas e un só botón, sastres e saias rectas.
-O grupo Viriato leva á Madrid as tres liñas da empresa: "Doctor Zhivago" (concebida para unha muller sobria e elegante), "Belle Epoque" (para unha muller romántica) ,e "Gipsy" (unha serie xuvenil que retoma o concepto de hippie). E todo desde o seu obxectivo de amosar un punto combinado con outros tecidos e outros ambientes.
-Pola súa banda, Makari, a moda en pel de Vigo, afonda nas vestimentas de principios do século pasado, para ofrecer unha colección remodernizada desa vestimenta. E para a súa proposta, Makari propón pel tricotada, combinacións de pelo longo e rasado, e a cor vermella como tono dominante.
- Por último, encárgase de pechar a presencia galega Guerral. A firma lalinense presenta unha colección cargada de grises e pedras, combinados con azules grisáceos, en fantasÃas confortables e cálidades como a pana e debuxos moi marcados en estructuras de lá.
Estas propostas, unidas ás revelacións máis importantes que se pasearán ata o domingo no recinto Juan Carlos I de Madrid.
De volta
Os disidentes, que xa non o foron o ano pasado, acaban de confirmar a súa presencia na outra das citas importantes que ten Madrid, para a colección outono-inverno. Trátase da Pasarela Cibeles, na que estarán outra vez xuntos, para presentar as súas motras Jesús del Pozo, Angel Schelesser, Antonio Pernas e Roberto Verino. Unha cita coa moda que se desenvolverá do 18 ó 22 de febreiro, nos que tamén participarán a modela Laura Ponte no seu regreso ás pasarelas.