Os principais creadores exhíbense en Madrid e Moscú á falta dunha gran pasarela en Galicia

A única cita que queda é a Galicia Fashion Week que suma adeptos cada edición

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

A principal pasarela de Galicia era Pontus Veteris. Cancelouse este ano cos ollos postos na edición de outono que tampouco vai ser posible. Os 160.000 euros que custaba cada encontro fixo que a Cámara de Pontevedra, nunha complicada situación económica, decidise non revalidar a proposta. Agora mesmo dous dos deseñadores desta cita (Florentino e Olga Santoni) participan en Moscú, mentres outros creadores están en Madrid no marco da Fashion Week. Con todo a única cita destas características éa Galicia Fashion Week que está a preparar a edición de novembro que está a buscar, a través da Rede Pexga (plataforma emperesial xestionada polo IGAPE) aliados internacionais neste proxecto.

O da moda era un dos tres sectores aos que tradicionalmente a Cámara de Pontevedra viña prestando atención (a automoción, co que organizaba os salóns do automóvil e do coche usado e de ocasión; así como o turismo no que se insería Ferpalia).

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Madrid, Pontevedra, Igape, Turismo...