O programa “Lendo espero” distribuirá libros nas salas de espera dos servizos de pediatría en once vilas

A espera proveitosa

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A Consellaría de Cultura busca aproveitar o tempo que os máis pequenos pasan cos seus pais nas salas de espera dos pediatras para animalos á lectura. Segundo un comuniado da Consellaría. nestes lugares porase un punto de lectura, con libros que os usuarios poderán coller libremente e que estarán dirixidos, principalmente, a idades novas. Para o mantemento cotiá e a actualización dos fondos, a Consellería contará coa colaboración das bibliotecas municipais. O director xeral de Creación e Difusión Cultural, Luís Bará, presentou hoxe a iniciativa en Ames, que será, xunto con Cambre, a primeira das localidades. Ademais de nestas dúas vilas, Lendo Espero desenvolverase nos centros de saúde de Oleiros, Ames, Ribadeo, Monforte, Allariz, Carballiño, O Barco, Vilagarcía, Baiona, Tui e Moaña. Posteriormente estudarase a posibilidade de ampliar o programa a outros lugares.

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ames, Luís Bará, Bibliotecas, Moaña...