Cultura inicia a promoción da lectura coas semanas do libro e unha campaña en centros de saúde

A polo día

Hai que ler máis. Para acadar este obxectivo a Consellaría de Cultura está a pór en marcha varias iniciativas. Entre elas están as “Semanas do Libro” que arrincarán este domingo en Oleiros e irán sucedéndose polos diferentes concellos de Galicia. A outra é “Lendo espero” unha campaña que pretende facer que as agardas nos centros de saúde sirvan para achegarse a lectura. En total 45 centros ofrecerán libros de diverso tipo, especialmente para cativos e cativas. Dúas iniciativas que nos preparan para o actos do Día do Libro que terán lugar o vindeiro 23 de abril.