O Consello da Cultura súmase á iniciativa de reivindicar o dominio .gal

PuntoGAL

| Santiago. Redacción | Seccións: Ciencia e Tecnoloxía
Compartir:
“A existencia dun enderezo único e fixo na rede para a nosa cultura tería implicacións orde económica, social e cultural”. Estas son algunhas das razóns esgrimidas polo Consello da Cultura Galega (CCG) para reivindicar que se habilite o dominio “.gal”. Deste xeito a institución súmase a unha iniciativa da que se leva falando unha temporada e que derivou na creación da Asociación PuntoGal, e na que participan a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia e a Real Academia Galega, entre outros membros.

Máis información no web do Consello da Cultura, no web da Asociación PuntoGal (en obras) e sobre a súa constitución na nosa hemeroteca

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Asociación Puntogal, Culturagalega, Real Academia Galega, Consello da Cultura Galega